+34 635 780 412

Beneficios sociais

Compartir:

O Tempo da Aldea Sociedade Cooperativa Galega é un proxecto veciñal que pretende o desenvolvemento turístico do entorno a través dun campamento, no que se conxugará unha tenda, un restaurante, un rabaño, un invernadoiro, roteiros de sendeirismo e actividades culturais e medioambientais.

Con todos estes elementos, preténdense xerar os seguintes beneficios sociais no concello de Crecente:

  • Xerar un beneficio económico no entorno.
  • Manter poboación no concello e reducir o seu abandono.
  • Crear postos de traballos no medio rural (dende 8 ao comezo, ata 15-20 cando o proxecto sexa estable).
  • Consolidar postos de traballo actuáis do concello e do entorno en xeral (por exemplo, persoal das tendas locais, etc.), ao favorecer a circulación de persoas pola área de influencia.
  • Propiciar a cohesión social.
  • Incrementar a produción de viño, horta, etc., no entorno, ao nutrirse o proxecto de productos da zona para uso e comercialización na tenda e restaurante.
  • Facer posible a execución de certas actividades que, pola súa envergadura ou requirimentos, esixen un centro das nosas características.
  • Influír de xeito positivo na riqueza medioambiental da área.
  • Permitir descubrir os recursos naturais do concello.
  • Desenvolver un proxecto que permita mellorar os servizos que se ofertan na actualidade para o visitante ocasional así como para o habitante habitual.
  • Servir de proxecto piloto para outras zonas.
  • Transmitir a cultura popular, etnográfica e do medio.