Os millenials que medramos as aldeas nas que traballaron os nosos avós, vemos herba e mato onde hai recursos dos que poderiamos vivir. Algúns temos a sorte de que, aínda que fixemos o camiño da escola e a universidade, transmitíronnos o valor da aldea á que agora queremos volver; estamos convencidos de que estamos a tempo.
No libro Rebordechán, a nosa memoria, adicamos unha parte importante do mesmo á toponimia, para coñecer a nosa historia a través dos lugares que forman a aldea. Comezamos polo topónimo máis importante de todos: Rebordechán. O traballo é de Gonzalo Navaza, profesor da Universidade de Vigo e membro da Comisión de Toponimia da Xunta de Galicia.
O Entroido en Rebordechán comeza o sábado anterior ao oficial, coa feitura do meco. Herba seca, roupa vella e un pouco de inxenio son os ingredientes que puxemos para facer un señor ben simpático que esperou a súa queima do sábado de Entroido.
Perfeuto Ramos fai un percorrido pola nosa historia no libro Rebordechán. A nosa memoria, publicado no ano 2007, coincidindo coa celebración do centenario da Banda de Música de Rebordechán. Entre outras historias, podedes atopar a da barca da Pena, que comunicaba Rebordechán e Cortegada.
#estamosatempo dun novo futuro no rural
#estamosatempo de que os nenos corran entre o millo un martes pola tarde
(...).
Esta porta garda boa parte da historia de Rebordechán. Cantos anos teñen estes debuxos? Que historias contan?
As campás de Rebordechán seguen a cumprir coas súas obrigas. Entre outras: espantar treboadas ou preservar cultura.
Este 18 de novembro fai un ano que, a través de Carmela Silva, lles chegaron noticias aos seus socios do BNG na Deputación de Pontevedra, de O Tempo da Aldea Sociedade Cooperativa Galega.
Xa vos contamos que en Rebordechán contamos con dous libros nos que gardamos unha parte do noso patrimonio. Rebordechán, unha aldea de tantas é un pequeno libro editado no ano 1.990 no que se recolle a historia da aldea, os costumes, información sobre a banda de música… Hoxe traémosvos un anaquiño da historia de Rebordechán.
Este sábado foi o Día Internacional da Muller Rural, polo que hoxe queremos dirixir o foco cara esas mulleres cunha profunda ligazón e sintonía co campo: cara as de onte, as de hoxe e tamén, as de mañá.