O último sábado de S. Xoán, celébrase unha comida campestre no monte do Castriño. A partires do mediodía, vanse xuntado os veciños, cada quen ca súa comida que, en mantas ou mesa posta, entre todos, van dando cabo dela. Despois de comer e ata a noitiña, dá tempo para todo, uns dormen a sesta, outros xogan, bailan ao son do gaiteiro, organizan xogos populares ou seguen o fío da mellor ocorrencia.