Dende a Asociación Cultural Amistade de Rebordechán decídese crear unha festa onde poder encaixar o legado cultural, castrexo, de lendas, etc., que temos na aldea; unha festa onde os asistentes poidan bailar e divertirse ao son da música tradicional; unha festa na que, como en todas as boas festas de aldea, se comese e se bebese a fartar.
Deste xeito, naceu a Noite da Moura, unha festa tipo serán que viu a luz no ano 2009, e que ten xuntado nunha noite a máis de vinte grupos de música.
O fío condutor baséase nunha lenda que afirma que “nunha noite do ano, a danza dunha moura encantada facía que as cagalletas dunha cabra se convertesen en pepitas de ouro coas que se regalaba fartura da que disfrutar, aos habitantes todo o ano, e estes agradecíanllo aos deuses tocando gaitas e tambores, comendo carne de porco, bebendo viño baixo o orballo ata o raiar do novo día, para ver bailar o sol cunha cunca de caldo na man”.
Co guión case escrito, a Noite da Moura, que se celebra todos os anos a rente ao San Xoán, componse de: