+34 635 780 412

Blog

O peche das escolas é un dos síntomas máis claros do despoboamento do rural. A de Rebordechán hai moitos anos que pechou aínda que nós gardamos moitas das leccións que alí se explicaron. Recollemos a súa historia no libro Rebordechán. A nosa memoria.

Ver máis

Sempre que falamos do noso proxecto, lembramos a importancia dos pasos previos a presentar unha inciativa para a recuperación integral da parroquia. Nunha aldea sen vida, unha idea así non xorde da noite para a mañá. En Rebordechán os pasos previos foron, entre outros, loitar pola mellora das infraestruturas, recuperar festas tradicionais, e crear outras novas. Unha desas festas, que camiñou case en paralelo a O Tempo da Aldea, foi a Noite da Moura; "unha festa propia de Rebordechán, que nos permitira mesturar cultura, música tradicional e gastronomía". Xa levamos 9 edicións e xa estamos a pensar en como celebrar o 10º aniversario. 

Ver máis

Sumando forzas

24 May, 2017

O sábado 20 de maio tivemos a sorte de participar no IV Encontro de Aldeas Singulares do Festiletras. Para que haxa futuro cómpre gardar (e non perder) os datos sobre despoboamento, desfacerse de medos e complexos e entender que somos moitos os que traballamos coidando e poñendo en valor os nosos recursos. Queredes exemplos?

Ver máis

Máis que centeo

27 Abr, 2017

Os millenials que medramos as aldeas nas que traballaron os nosos avós, vemos herba e mato onde hai recursos dos que poderiamos vivir. Algúns temos a sorte de que, aínda que fixemos o camiño da escola e a universidade, transmitíronnos o valor da aldea á que agora queremos volver; estamos convencidos de que estamos a tempo.

Ver máis

No libro Rebordechán, a nosa memoria, adicamos unha parte importante do mesmo á toponimia, para coñecer a nosa historia a través dos lugares que forman a aldea. Comezamos polo topónimo máis importante de todos: Rebordechán. O traballo é de Gonzalo Navaza, profesor da Universidade de Vigo e membro da Comisión de Toponimia da Xunta de Galicia.

Ver máis

O Entroido en Rebordechán comeza o sábado anterior ao oficial, coa feitura do meco. Herba seca, roupa vella e un pouco de inxenio son os ingredientes que puxemos para facer un señor ben simpático que esperou a súa queima do sábado de Entroido.

Ver máis

A barca da Pena

02 Feb, 2017

Perfeuto Ramos fai un percorrido pola nosa historia no libro Rebordechán. A nosa memoria, publicado no ano 2007, coincidindo coa celebración do centenario da Banda de Música de Rebordechán. Entre outras historias, podedes atopar a da barca da Pena, que comunicaba Rebordechán e Cortegada.

Ver máis

#estamosatempo

18 Ene, 2017

#estamosatempo dun novo futuro no rural
 
#estamosatempo de que os nenos corran entre o millo un martes pola tarde
(...).

Ver máis

A porta do muíño

22 Dic, 2016

Esta porta garda boa parte da historia de Rebordechán. Cantos anos teñen estes debuxos? Que historias contan?

Ver máis

A campá da Aldea

01 Dic, 2016

As campás de Rebordechán seguen a cumprir coas súas obrigas. Entre outras: espantar treboadas ou preservar cultura.

Ver máis