+34 635 780 412

Blog - Categoría: O Tempo da Aldea

O vindeiro domingo 24 de abril celebramos a “III Andaina contra o despoboamento”. Será, coma sempre, na nosa aldea, en Rebordechán (Concello de Crecente). Nas dúas edicións anteriores xuntámonos ao redor de 150 persoas. Gustaríanos repetir ou mellorar esa cifra para seguir sumando e camiñando na dirección que queremos.

Ver máis

O sábado celebrábase na Cañiza unha xornada para debater sobre o despoboamento do rural galego, que organizamos xunto co Grupo de Desenvolvemento Rural do Condado Paradanta. O evento reuniu ao redor de cen persoas que chegaron dende diferentes lugares da xeografía galega –A Cañiza, Crecente, O Corgo, Covelo, Ponteareas, Cee, Becerreá, Xuño, Vigo, Ourense, etc.–.

Ver máis

GDR Condado Paradanta e O Tempo da Aldea Sociedade Cooperativa Galega, celebraremos o vindeiro 28 de setembro a xornada “Podemos frear o despoboamento?”, no auditorio de A Cañiza. O obxectivo: debater sobre as causas e analizar recursos e posibilidades para o futuro.

Ver máis

O domingo 12 de maio celebramos na aldea de Rebordechán, no concello de Crecente, a “II andaina contra o despoboamento”. Organizada pola Asociación Cultural e Veciñal Amistade, en colaboración ca cooperativa O Tempo da Aldea, conseguiu reunir a 150 persoas que desfrutaron da contorna e miraron de fronte ao problema do despoboamento.

Ver máis

Despois da primeira andaina que celebramos o pasado 17 de novembro, o vindeiro 12 de maio celebramos a "II Andaina contra o despoboamento". En novembro xuntámonos 150 persoas en Rebordechán. Desta volta queremos ser os mesmos ou máis, para continuar camiñando e traballando por un futuro no rural. 
 

Ver máis

O próximo 17 de novembro abrimos as portas da nosa aldea. Queremos que compartades con nós unha ruta da que non vos ides esquecer. Chea de lugares baleiros pero tamén de recursos naturais e patrimonio histórico.
Levamos moitos anos pelexando contra o abandono e o despoboamento, pero aínda nos quedan 50 veciños de tempo para seguir coidando, transmitindo e loitando polo futuro. Acompañádesnos?

Ver máis

Sumando forzas

24 May, 2017

O sábado 20 de maio tivemos a sorte de participar no IV Encontro de Aldeas Singulares do Festiletras. Para que haxa futuro cómpre gardar (e non perder) os datos sobre despoboamento, desfacerse de medos e complexos e entender que somos moitos os que traballamos coidando e poñendo en valor os nosos recursos. Queredes exemplos?

Ver máis

#estamosatempo

18 Ene, 2017

#estamosatempo dun novo futuro no rural
 
#estamosatempo de que os nenos corran entre o millo un martes pola tarde
(...).

Ver máis

Este 18 de novembro fai un ano que, a través de Carmela Silva, lles chegaron noticias aos seus socios do BNG na Deputación de Pontevedra, de O Tempo da Aldea Sociedade Cooperativa Galega.

Ver máis

Este sábado foi o Día Internacional da Muller Rural, polo que hoxe queremos dirixir o foco cara esas mulleres cunha profunda ligazón e sintonía co campo: cara as de onte, as de hoxe e tamén, as de mañá.

Ver máis

En novembro do ano pasado a Deputación de Pontevedra recibiunos para que lles presentaramos o noso proxecto. Felicitounos por unha idea traballada e necesaria para o futuro do rural galego. Dende entón, non conseguimos que nin sequera nos respondan aos correos electrónicos enviados.
 

Ver máis

O de hoxe é un post aburrido, feo, cheo de datos. Pero as cifras é o que teñen, que non admiten discusión. Toca repetir aquilo de que en Galicia hai 1.600 aldeas abandonadas e 2.000 a piques de desaparecer. Revisados os datos tocará decidir se queremos recuperar casas e hortas ou seguir sen facer nada ata que se queime a última das aldeas.

Ver máis

O Tempo da Aldea somos 80 persoas cooperativistas e a Comunidade de Montes. Somos xente anónima que decidiu conscientemente traballar por un proxecto de desenvolvemento rural na nosa aldea.

Ver máis

Non é doado identificar as causas do problema dos lumes en Galicia. É máis sinxelo atopar unha solución: ordenar o monte no inverno e incentivar proxectos que dinamicen o rural, que creen postos de traballo e tiren proveito de recursos esquecidos.
Hoxe queremos convidarvos a un debate necesario para o noso futuro. Mentres chegan as conclusións, loitamos contra a primeira e máis importante das causas: o despoboamento do rural.

Ver máis

Despois de case 10 anos de ideas, debates, asembleas, papeleo, xornadas de traballo, decepcións, papeleo, alegrías, máis asembleas e discusións…, chegou o momento de presentarnos.
 
Somos O Tempo da Aldea, Sociedade Cooperativa Galega, de Rebordechán (Crecente). Un proxecto que se explica en dúas liñas: en Galicia hai preto de 2.000 aldeas abandonadas e outras tantas a piques de desaparecer. Nós queremos aproveitar os recursos da aldea e do monte, xerar postos de traballo, acabar cos lumes e achegar unha idea para o futuro do rural galego.

Ver máis