+34 635 780 412

Blog

En novembro do ano pasado a Deputación de Pontevedra recibiunos para que lles presentaramos o noso proxecto. Felicitounos por unha idea traballada e necesaria para o futuro do rural galego. Dende entón, non conseguimos que nin sequera nos respondan aos correos electrónicos enviados.

O estado das aldeas galegas ten como primeiro responsable á Administración. Levamos 10 anos traballando nun proxecto que está acabado en canto a licencias e documentación, que só necesita que a Deputación de Pontevedra e a Xunta de Galicia cumpran coa súa responsabilidade e aporten o financiamento necesario. Ofrecemos unha solución privada a un problema público e político: o despoboamento do rural.

Carta aberta á Deputación (galego)

Rebordechán, Crecente, 7 de setembro de 2016

Se estades a escoitar ou ler esta carta é que aínda estamos vivos. Somos O Tempo da Aldea Sociedade Cooperativa Galega, de Reborchechán (Crecente), unha aldea de tantas, nin máis nin menos importante que calquera das 1.600 aldeas abandonadas en Galicia ou das preto de 2.000 que están a piques de desaparecer.

Dirixímonos a dona Carmela Silva, presidenta da Deputación de Pontevedra, don César Mosquera, vicepresidente, e dona Eva Villaverde, xefa do departamento de Medio Rural. Para darlles as gracias por ternos aberto a porta en novembro do ano pasado. Para pedirlles que nos respondan aos correos enviados nos últimos meses. Seguimos a ser aquel proxecto tan ben traballado, aquela idea que compría espallar polo rural galego.

Os veciños de Rebordechán compartimos un sentimento de tristura cando lembramos ou cando nos falan dunha aldea chea de vida. Coas casas cheas de xente, cos campos cheos de froitos, cos lumes dentro e non ao redor dos nosos fogares. Hoxe, cando morre unha persoa, son demasiadas as ocasións nas que trae consigo o peche do seu fogar e a miúdo, o do lugar no que vivía.

No despacho do deputado Javier Dios, contámoslles ilusionados a historia da cooperativa. A dun grupo duns 80 veciños convencidos de que o seu futuro está aquí. Da man da Comunidade de montes, pensamos un proxecto que loita por poñer en valor os recursos da aldea e do monte. Imaxinamos un lugar na parte alta de Rebordechán ocupado por un rabaño de cabras , unha horta, un campamento e un restaurante. Un espazo no que desenvolver actividades etnográficas e culturais, que invite a crear e percorrer rutas cargadas da nosa historia, a recuperar casas baleiras, a traballar terras que sempre serán fértiles.

O Tempo da Aldea quere crear 18 postos de traballo directo. Ofrece unha solución privada a un problema político e público. Non pretendemos patentar a nosa identidade, é o tempo de Rebordechán e o de calquera aldea que decida imitarnos.

A unha cooperativa con 80 socios e un proxecto de case 10 anos de maduración, nunha aldea con décadas de experiencia coidando do seu patrimonio e da súa cultura, só lle falta un grupo de políticos que cumpra coa súa responsabilidade. Ata o día de hoxe, nós fixemos todo o que estaba na nosa man. Traballamos pola mellora de accesos e infraestruturas, recuperamos festas tradicionais e creamos outras novas e desenvolvemos unha iniciativa que representa unha oportunidade para o futuro das aldeas galegas.

Nese tempo, vostedes pelexaban na Xunta polo rural e pola volta da xente nova ao campo. Hai un ano entraron na Deputación de Pontevedra deixando a porta aberta ás propostas dos cidadáns. Dixo entón Carmela Silva (e coincidimos) que “só un político imbécil e escuro non recoñece que os mellores proxectos e as mellores ideas saen sempre da sociedade”.

Repetímoslles que necesitamos 200.000€ que son básicos para o noso camiñar. Agora tócalles decidir se entre os máis de 150 millóns de euros de orzamento da Deputación, atopan algo de tempo e cartos para o futuro do rural galego.

Coa súa compañía ou non, seguiremos adiante ata onde o camiño nos leve, tendo a certeza de traballar nun proxecto viable, coherente e en sintonía co territorio e a sociedade galegas.

O Tempo da Aldea Sociedade Cooperativa Galega

Carta aberta á Deputación (castellano)

Rebordechán, Crecente, 7 de septiembre de 2016

Si estáis escuchando o leyendo esta carta es que aún estamos vivos. Somos O Tempo da Aldea Sociedade Cooperativa Galega, de Reborchechán (Crecente), una aldea de tantas, ni más ni menos importante que cualquiera de las 1.600 aldeas abandonadas en Galicia o de las cerca de 2.000 que están a punto de desaparecer.

Nos dirigimos a doña Carmela Silva, presidenta de la Diputación de Pontevedra, don César Mosquera, vicepresidente, y doña Eva Villaverde, jefa del departamento de Medio Rural. Para darles las gracias por habernos abierto la puerta en noviembre del año pasado. Para pedirles que nos respondan a los correos enviados en los últimos meses. Seguimos siendo aquel proyecto tan bien trabajado, aquella idea que necesitábamos extender por el rural gallego.

Los vecinos de Rebordechán compartimos un sentimiento de tristeza cuando recordamos o cuando nos hablan de una aldea llena de vida. Con las casas llenas de gente, con los campos llenos de frutos, con los fuegos dentro y no alrededor de nuestros hogares. Hoy, cuando muere una persona, son demasiadas las ocasiones en las que trae consigo el cierre de su hogar y a menudo, el del lugar en el que vivía.

En el despacho del diputado Javier Dios, les contamos ilusionados la historia de la cooperativa. La de un grupo de unos 80 vecinos convencidos de que su futuro está aquí. De la mano de la Comunidad de montes, pensamos un proyecto que lucha por poner en valor los recursos de la aldea y del monte. Imaginamos un lugar en la parte alta de Rebordechán ocupado por un rebaño de cabras , una huerta, un campamento y un restaurante. Un espacio en el que desarrollar actividades etnográficas y culturales, que invite a crear y recorrer rutas cargadas de nuestra historia, a recuperar casas vacías, a trabajar tierras que siempre serán fértiles.

O Tempo da Aldea quiere crear 18 puestos de trabajo directo. Ofrece una solución privada a un problema político y público. No pretendemos patentar nuestra identidad, es el tiempo de Rebordechán y el de cualquier aldea que decida imitarnos.

A una cooperativa con 80 socios y un proyecto de casi 10 años de maduración, en una aldea con décadas de experiencia cuidando de su patrimonio y de su cultura, solo le falta un grupo de políticos que cumpla con su responsabilidad. Hasta el día de hoy, nosotros hicimos todo lo que estaba en nuestra mano. Trabajamos por la mejora de accesos e infraestructuras, recuperamos fiestas tradicionales y creamos otras nuevas y desarrollamos una iniciativa que representa una oportunidad para el futuro de las aldeas gallegas.

En ese tiempo, ustedes peleaban en la Xunta por el rural y por la vuelta de la gente joven al campo. Hace un año entraron en la Diputación de Pontevedra dejando la puerta abierta a las propuestas de los ciudadanos. Dijo entonces Carmela Silva (y coincidimos) que "solo un político imbécil y oscuro no reconoce que los mejores proyectos y las mejores ideas salen siempre de la sociedad".

Les repetimos que necesitamos 200.000€ que son básicos para nuestro caminar. Ahora les toca decidir si entre los más de 150 millones de euros de presupuesto de la Diputación, encuentran algo de tiempo y dinero para el futuro del rural gallego.

Con su compañía o no, seguiremos adelante hasta donde el camino nos lleve, teniendo la certeza de trabajar en un proyecto viable, coherente y en sintonía con el territorio y la sociedad gallegas.

O Tempo da Aldea Sociedade Cooperativa Galega