+34 635 780 412

Festa dos cativos

Compartir:

É unha festa para os nenos de Rebordechán e arredores de 0 a 100 anos. Celébrase no mes de agosto, o sábado seguinte ao das Festas na Honra da Virxe do Rosario e S.Sebastián. A media tarde no torreiro onde a igrexa, prepáranse xogos para os nenos; e tanto a gañadores como a perdedores, dáselle algún agasallo mentres vai fervendo a pota do chocolate para, ao remate, acompañado con doces, e entre música, rematar a festa.