+34 635 780 412

O entroido

Compartir:

O sábado anterior ao día propio, no local da Asociación, faise o meco do entroido, con roupas vellas e palla e colócase na praza do Calvario, nun sitio visible para todos.

Ao sábado seguinte, ás 5 da tarde, o maragato vai achegando ás máscaras, ao redor do entroido onde se lle fai o xuízo e se lle le a sentenza que, irremediablemente, o condena a morrer no lume. Despois de descolgado do seu emprazamento, entre risas e cánticos, trasládase en procesión ata a antiga escola, para ser queimado e, en brasas aparte, asar chourizos e touciño, beber viño da terra e cantar e bailar ao son dos gaiteiros.