+34 635 780 412

Blog

Esta porta pertence ao Muíño da Laxiña ou da Soledá. Nela, o muiñeiro, José Antonio Martínez Yáñez, foi recortando, coa navalla, os aconteceres da época: a data na que, María Gómez embarcou para América no "Júpiter"; como Calisto, un dos contrabandistas daquel entón, "pasó porque untó" á Garda Civil; as flores e a cruz adicadas (ata que a porta podreza) na honra e á memoria do Neca, esnaquizado polo tren o 27 de abril do 1956 cando cruzaba a vía, conducindo o camión no que, tantas veces, levara de festa e excursión, entre outros, ao muñeiro. Tamén lles fai unha homenaxe ao arado e ao carro, instrumentos útiles daquela e ao Pai Miño, co seu pescador e o peixe, sen deixar de pasar pola navalla ao terror dos contrabandistas, o capitán da Garda Civil, "O Maquieira".