+34 635 780 412

Blog

O Entroido en Rebordechán comeza o sábado anterior ao oficial, coa feitura do meco. Herba seca, roupa vella e un pouco de inxenio son os ingredientes que puxemos para facer un señor ben simpático que esperou a súa queima do sábado de Entroido.

Este sábado, a partir das 5 da tarde fomos achegándonos ao Pazo, onde esperaba o meco, e onde nos atopamos das máis estrañas personaxes: cervexas, superhomes, debuxos animados, curas, viquingos, unha noiva, anciáns e anciás, …

Cando lle chegou a hora, fomos buscalo entre todos para darlle final. E, coas laparadas do lume que o consumía aínda presentes, empezamos a preparar a merenda: unha morea de bocadillos de touciño e chourizo, viño con azucre, roscón, etc; e comezou a soar a música.

E así, aos poucos, foi chegando a noitiña, entre música, comida, sorrisos e veciños. Agora, xa estamos a lavar e empaquetar os traxes, para gardar ata o próximo ano. E xa comezamos a pensar e preparar a seguinte festa, as seguintes xuntanzas do ano.